PRESENTACIÓN

Membros do departamento de Educación Física para este curso:

Alberto Antelo
Ana Vázquez
(xefa de Departamento)

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE






Unha vez máis  os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Terra de Soneira colaborará coa campaña Quilómetros de Solidariedade. 

É unha actividade cun dobre obxectivo:
Inculcar nos máis novos un espírito crítico perante as 
inxustizas que sofre a infancia.
Recadar fondos para defender os dereitos dos nenos e das nenas.

Para iso, aproveitarase a carreira a celebrar en Cee, organizada polo programa XOGADE da Xunta de Galicia para conseguir cartos e poder axudar así a outros nenos e nenas.

Este ano, os fondos recadados por Quilómetros de Solidariedade destinaranse aos programas de Save the Children en Malí.
Agrademos de antemán a colaboración dos pais, amigos, profesores, veciños...

Na seguinte ligazón podedes atopar máis información.

A cantidade conseguida este ano foi de 320.45.

1º ESO A aportou 143.70 euros. Secretario: Julio Figueiras.
1º ESO B aportou 176.75 euros. Secretaria: Irza Sampedro.






Ningún comentario:

Publicar un comentario